Hoxe ás 22:30 emitimos o documental do vigués Miguel Romero “Amarrar as palabras”. O documental aborda os procesos de confluencia do ano 2015 e o intento de organizar unha candidatura unitaria da esquerda e o nacionalismo.
O documental céntrase nos intentos errados de organizar unha candidatura para as eleccións estais de decembro. O fío condutor son as relacións entre as plataformas participantes, e as destas cos partidos, e a súa evolución hasta chegar a unha ruptura definitiva, que deu lugar a dúas candidaturas enfrontadas: “En Marea” e “Nós, Candidatura Galega”. O documental reflicte as dinámicas destes procesos, e o contexto de excepcionalidade e efervescencia política e social no que se produciron.