Home Espazo Aberto Medio ambiente Greenpeace traslada o seu barco a Vilagarcía ante a “hostilidade explícita” do presidente do Porto de Vigo

Greenpeace traslada o seu barco a Vilagarcía ante a “hostilidade explícita” do presidente do Porto de Vigo

0
Greenpeace traslada o seu barco a Vilagarcía ante a “hostilidade explícita” do presidente do Porto de Vigo

Tras visitar Barcelona e Málaga, o buque ‘Rainbow Warrior’ de Greenpeace chegará este mércores ao porto de Vilagarcía de Arousa onde permanecerá ata o 30 de xullo para concienciar sobre o cambio climático. Con todo, Vilagarcía non era o destino inicial senón que a cidade escollida era Vigo. A mudanza, tal e como indica a organización ecoloxista, debeuse á “hostilidade explícita” do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga.

A presenza de Greenpeace en Vigo incomoda. Greenpeace vincúlao a unha acción activista que realizou a 200 millas das Azores en contra da pesca de quenllas practica por un dos buques da Organización de Palangreiros da Guarda (Orpagu). A través dun comunicado, o Porto de Vigo sostiña que lle chamaba a atención a visita dos ecoloxistas xusto “cando precisamente o porto vigués se vén caracterizando nos últimos tempos como paradigma de porto verde, cunha defensa a ultranza da pesca sostible e as enerxías renovables”.

Finalmente, a ONG mudou a visita a Vigo pola de Vilagarcía e critica que o Porto e Vigo lle puxera “todos os obstáculos” que podía “para que non puidesen desenvolver as actividades públicas previsas para informar sobre a situación de urxencia climática que vive este país”.