A xornalista bretoa Morgane Lincy está a realizar estes días en Galiza entrevistas para un proxecto audiovisual que quere dar a coñecer a situación dalgunhas linguas minorizadas europeas. No seu paso por Compostela visitou a redacción de Nós Televisión para gravar o noso trarballo. O proxecto documental viaxará logo a outras nacións como Euskalherria, Occitania ou Laponia.
No noso país realizou estes días varias entrevistas e xa ten as primeiras impresións de como é a situación actual da lingua galega.
Aproveitamos a ocasión e preguntámoslle pola súa lingua, o bretón, e en que estado se atopa na actualidade.
Ademais de medios propios a xornalista está a realizar este traballo audiovisual grazas á axuda de persoas a titulo individual que apoiaron a idea a través da plataforma bretoa Kengo.