Grandes mestres internacionais de xadrez xogarán en Compostela

O I Torneo Maxistral Cidade de Compostela facilitará o acceso de xadrecistas da cidade a categorías máis altas

O xadrez segue a ser un deporte multitudiario que en moitas ocasións non conta co tratamento axeitado. Entre as dificultades que teñen as persoas que o practican está a imposibilidade de adiantar postos nas listaxes internacionais polas poucas opcións de medirse con grandes figuras mundiais. Con este obxectivo naceu o I Torneo Maxistral Cidade de Compostela que se presentou hoxe no Pazo de Fonseca e que terá lugar entre o 5 e o 13 de setembro.

A posible continuidade deste torneo podería converterse nunha cita vital para o xadrez galego e por este motivo o compromiso de institucións e empresas que colaboran para que teña lugar.

O Concello colabora no I Maxistral de Xadrez Cidade de Compostela

Nesta edición participarán os Mestres Internacionais Roi Reinaldo, Julio Suárez e o compostelán Diego Suárez competirán, xunto ao asturiano Carlos Suárez, por acadar norma de Grande Mestre.

Polo seu lado os Mestre FIDE composteláns Luís Medarde e Fernando Sánchez farán o propio pola norma Mestre Internacional. Entre os xogadores internacionais convidados figuran catro Gran Mestres: Sandro Mareco, Illmars Starotsis, Marius Manolache e Fernando Peralta.

O torneo conta co apoio do Concello de Compostela, da Universidade de Santiago de Compostela, de Galicia Calidade, da Caixa Rural e da Federación Galega de Xadrez.

- Publicidade -