Home Programas Área Compostela Gran participación da veciñanza no proxecto piloto das illas de compostaxe

Gran participación da veciñanza no proxecto piloto das illas de compostaxe

1
Gran participación da veciñanza no proxecto piloto das illas de compostaxe

A resposta da veciñanza ante o novo proxecto piloto das illas de compostaxe está sendo moi positiva. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, visitaron esta mañá a illa de compostaxe que está situada en Galeras. O concelleiro salientou que os resultados do composteiro son mellores dos que se agardaban.

No proxecto piloto das illas de compostaxe participan aproximadamente 116 persoas. En Galeras están inscritas 16 vivendas, con 41 veciños e veciñas; en Santa Marta son 15 vivendas con 32 persoas; e en Salgueiriños participan no proxecto outras 15 vivendas, con 43 habitantes.