Home Programas Área Compostela Goretti Sanmartín: “Sen potenciar o comercio de proximidade, Santiago morre”

Goretti Sanmartín: “Sen potenciar o comercio de proximidade, Santiago morre”

0
Goretti Sanmartín: “Sen potenciar o comercio de proximidade, Santiago morre”

A candidata do BNG á alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín, reuniuse cos comerciantes locais para expor e contrastar medidas co obxectivo de trazar propostas de dinamización económica da cidade. Entre elas, destácase a creación dun viveiro de pequeno comercio na Cidade histórica e o impulso dunha campaña con actividades descentralizadas para facer unha transición fácil ás rúas do Ensanche e aos arredores da zona vella. “Queremos promover Santiago como capital de compras no comercio de proximidade”, afirmou Goretti Sanmartín.

No acto organizado por comerciantes para explicar o programa, Goretti Sanmartín estivo acompañada do concelleiro Rubén Cela. “Sen potenciar a recuperación do comercio de proximidade, Santiago morre”, destacou a candidata, “pois é un factor clave no desenvolvemento da economía local”. Neste sentido, explicou a necesidade de conservar os comercios emblemáticos para non perder a identidade de Compostela.