Home Programas Área Compostela Goretti Sanmartín: “Hai un ‘efecto Pontón’ en alza. Veuse nas xerais e en Compostela, moito máis”

Goretti Sanmartín: “Hai un ‘efecto Pontón’ en alza. Veuse nas xerais e en Compostela, moito máis”

0
Goretti Sanmartín: “Hai un ‘efecto Pontón’ en alza. Veuse nas xerais e en Compostela, moito máis”

A candidata do BNG á Alcaldía de Compostela, Goretti Sanmartín, coloca como obxetivo “desprazar ao Partido Popular” e, para iso, sinala que cómpre artellar “unha alternativa nucleada entorno ao BNG”. Nese aspecto, sinala que existe “un efecto Pónton en alza” que “xa se veu nas pasadas eleccións xerais e en Compostela, moito máis“. Con respecto ao modelo de cidade que quere construír, a nacionalista fai fincapé na necesidade dun “grupo planificado e transversal” e non “que cada área vaia facendo de forma desordenada”. Coloca como exemplo de transversalidade ao “modelo Carballo, o modelo Pontevedra, o modelo Allariz, o modelo BNG“, sostivo a candidata que lle criticou a Compostela Aberta “a incapacidade de levar adiante cousas” e “quedaran cartos sen gastar”.