Home Programas Espazo Aberto Goretti Sanmartín defende “un pacto institucional, político e social” polo libro galego

Goretti Sanmartín defende “un pacto institucional, político e social” polo libro galego

0
Goretti Sanmartín defende “un pacto institucional, político e social” polo libro galego
A vicepresidenta da Deputación da Coruña eo alcalde de Rianxo na presentación da campaña

Hoxe é o Día do libro e as cifras para o sector son alarmantes como explicaba hai unhas xornadas Manuel Bragado no Consello da Cultura galega. Ao resultado do informe desa institución referiuse a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, no acto de presentación da campaña institucional do seu departamento, “Libros para Sermos Libres”, que tivo lugar en Rianxo.

A vicepresidenta pediu “un pacto institucional, político e social para combater a situación dramática que atravesa o sector do libro galego”. Na súa opinión é “xa urxente apostar polo libro galego” con iniciativas contundentes.

Seis mil libros en 30 concellos

Nesta segunda edición do “Libros para Sermos Libres” distribuíronse 6.000 exemplares en bibliotecas, centros socioculturais e parques nos concellos de a Capela, A Laracha, Abegondo, As Pontes, Boimorto, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Carnota, Cee, Cerdido, Irixoa, Lousame, Miño, Moeche, Muxía, Narón, Neda, Oleiros, Oroso, Ortigueira, Rianxo, Rois, Teo, Toques, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño e Zas.

Na localidade de Rianxo tamén participou o seu alcalde, Adolfo Muíños, quen agradeceu á Deputación da Coruña ter incluído o concello na campaña con obras, en especial, de autores vencellados ao municipio como son Castelao, Manuel Antonio ou Rafael Dieste.