A autorización da sinatura do convenio de colaboración entre ACUAES e o Concello para o financiamento do procedemento de diálogo competitivo para o proxecto da EDAR da Silvouta xera interrogantes dentro do BNG. Goretti Sanmartin, a portavoz nacionalista, amosa as súas dúbidas sobre a porcentaxe de financiamento que aportará cada unha das administracións e a posible perda dos fondos europeos se caducan os prazos. Dende o Bloque insinten en que se convoque unha xunta de portavoces extraordinaria para aclarar a situación.
Goretti Sanmartín advirte que non está clara a porcentaxe de financiamento de cada administración para a depuradora
A portavoz municipal do BNG local amosa as súas dúbidas ante as novas sobre o convenio de colaboración entre ACUAES e o Concello