O Secretario Xeral do PSdeG- PSOE, Gonzalo Caballero, presidiu hoxe a reunión do grupo parlamentario socialista e quixo valorar os cen primeiros días de goberno de Pedro Sámchez no goberno do Estado.
“Axenda de progreso”
O lider socialista galego salientou as iniciativas desenvoltas polo goberno socialista neste período que supuxo a posta en marcha dunha “axenda de progreso e avances” como a restauración da sanidade universal, a suba das pensións de viuvez nun 7 por cento ou a recuperación das bolsas de estudos.
O líder das e dos socialistas galegos, @G_Caballero_M, fixo esta mañá unha valoración dos 100 primeiros días de Pedro Sánchez en Moncloa pic.twitter.com/XkbHGSV2s2
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 10, 2018
Pola contra asegurou que neste mesmo período Feijóo tivo unha “xestión fracasada e afastada das preocupacións da cidadanía”, situación que asegurou leva o goberno galego nos tres mandatos consecutivos con maioría parlamentaria.