Home Programas Espazo Aberto Gonzalo Caballero toma posesión como deputado para “dar comezo a un novo tempo político”

Gonzalo Caballero toma posesión como deputado para “dar comezo a un novo tempo político”

0
Gonzalo Caballero toma posesión como deputado para “dar comezo a un novo tempo político”

Gonzalo Caballero tomou posesión esta mañá coma deputado no Parlamento de Galicia e comprometeuse a traballar pola “rexeneración” democrática e para “reforzar” o traballo político, social e de contacto coa cidadanía. O secretario xeral do PSdeG explica que “hai un novo tempo político” e que “o PP está a vivir un retroceso político histórico” apoiándose nos últimos datos do CIS, que coloca ao seu partido preto da maioría absoluta de cara ás autonómicas.

Caballero tamén destaca que a economía, o desemprego e a sanidade son os tres puntos que máis preocupan ás galegas e galegos na actualidade, segundo outra enquisa do CIS. Por iso, o secretario xeral do PSdeG promete que traballará para reforzar estes ámbitos.