Tras máis de nove meses de negociacións, esta semana asinouse a venda das súas plantas de Alcoa, as de Avilés e Coruña, ao fondo suizo Parter Capital. Isto supón que, polo momento, manteranse os postos de traballo de case 700 persoas. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, critica a xestión que a Xunta exerceu neste ámbito e asegura que “Feijóo representa un modelo esgotado, que esmorece”. Ademais, Caballero considera que o presidente da Xunta “enganou aos traballadores e a toda a cidadanía” e que “debería pedir disculpas pola súa falla de cooperación”. Por todo isto o secretario xeral dos socialistas explica que o PSdeG está a traballar para acadar “unha nova fase política”.

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego