O Partido Popular de Baltar perde a maioría na Deputación de Ourense despois do resultado definitivo do escrutinio das eleccións do pasado 26 de maio. “Por primeira vez na historia da democracia hai unha maioría de cidadáns que lle din non ao dominio de Baltar”, sostiña hoxe dende Ourense o secretario xeral do PSOE en Galicia, Gonzalo Caballero.

- Publicidade -

De todos os xeitos, non está todo escrito. José Manuel Baltar aínda podería manterse no poder se consigue facerse co apoio de Ciudadanos. Se, pola contra, Ciudadanos se alía co PSOE, BNG e Democracia Ourense conseguirían poñer fin ao ‘baltarismo’ na Deputación. “Hai aires de impulso e cambio que permiten unha dinámica nova nesta estrutura”, mantiña Caballero. Veremos se é suficiente.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego