Onte visitaba o IES de #Brión e hoxe cargou contra as políticas de recortes no ensino
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 21, 2018
🗣️ @G_Caballero_M: “O PP non ten na educación pública unha prioridade” pic.twitter.com/fz9GjiR7C1
O secretario xeral do PSdeG cargou hoxe contra o executivo galego e a súa xestión da educación pública. Onte visitaba en Brión o centro paralizado en protesta pola negativa da Xunta a incrementar o número de profesores que permita atender ao aumento de alumnos algo que para Gonzalo Caballero é un grave problema.
Propostas alternativas
Como alternativa Caballero sinala as propostas que achegan desde o PsdeG-PSOE, algunhas delas xa postas en marcha en anteriores gobernos. Ademais, sobre este tema o portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou que no debate da próxima sesión plenaria do Parlamento realizará unha interpelación sobre a redución da oferta educativa nos concellos.
A interpelación será complementada no Parlamento cunha moción para acadar unha “solución positiva” a estas demandas para “reforzar o sistema educativa e recuperar a súa función de ascensor social e garantía de futuro en igualdade para todos e todas”.