A Audiencia Provincial da Coruña tiña previsto avaliar o pasado venres, 11 de outubro, o peche de instrucción do caso Angrois para dar comezo ao xuízo oral. Pero, apenas unhas horas antes, a Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 presentou ante o xuíz unha declaración xurada dun mecánico que asegura que a compañía ferroviaria Talgo ordenou o borrado de datos do tren pouco despois do seu descarrilamento o 23 de xullo de 2013. Este novo xiro no caso Angrois volveu situar o tema dentro do Pazo do Hórreo, apenas un mes antes dunha nova cita nas urnas.
Unha das declaracións máis agardadas, como é habitual neste caso, é a do Partido Socialista. A comisión de investigación sobre o accidente de Angrois só conseguiu saír adiante no Congreso tras o desbloqueo do PSOE, pero as consecutivas convocatorias de eleccións -e disolución das Cortes- paralizou a súa actividade. Neste contexto, e preguntado polos últimos pasos dados polo caso Angrois, o líder dos socialistas galegos respondeu de forma concisa:
O resto de formacións denunciaron que, seis anos despois, continúen sen depurarse responsabilidades políticas dun dos casos máis graves sucedidos en Galicia e que lle custou a vida a 80 persoas.
Dende o PPdeG, o discurso non se moveu un ápice. Os populares consideran que o órgano que debe dictaminar as responsabilidades é o tribunal e non avalían tomar medidas políticas con respecto a ese caso.