“Feijóo ten que rectificar”, asegurou hoxe Gonzalo Caballero en rolda de prensa. O lider socialista galego reprobou ao presidente que non aceptara a proposta da oposición para consensuar as comparecencias na comisión de Sanidade.
“Aplicando o rodillo parlamentario acaba facendo que o Parlamento perda forza e desconecte das necesidades da sociedade galega”, afirmou o secretario xeral do PSdeG, “o Parlamento non é o seu sofá”.
“Aplicando o rodillo parlamentario acaba facendo que o Parlamento perda forza”
Caballero rematou denunciando que se non rectifica será “unha comisión aniquilada” á que “só acudirán aqueles que conveñen ao PP”.