“Feijóo está de acordo con esa posición de abrir diálogo con VOX?”. Esta foi algunha das preguntas que o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, lle traslada a través dos medios de comunicación ao presidente da Xunta.
O máximo dirixente do socialismo galego quixo, deste xeito, saber a opinión de Feijóo sobre a posición do PP expresada polo seu secretario xeral, Teófilo García.
“Está cómodo nun partido que está aberto a pactar coa ultradereita?”, engadiu Caballero. O lider socialista urxiu a Feijóo a contestar a estas preguntas para aclarar se avala ou non esta estratexia da súa formación en Madrid.