O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, ve “preocupante” a información que trascendía este venres sobre o presunto uso de 300.000 euros por parte do Partido Popular de Galicia para pagar favores electorais en Venezuela. Segundo as informacións publicadas , o PPdeG en decembro do ano pasado tentou tapar con fondos dunha fundación pública un buraco de 300.000 euros detectado polo Tribunal de Contas nas axudas a emigrantes españois nos anos 2015 e 2016. “O Partido Popular pode ir dopaso ás eleccións usando os fondos da Xunta”, advirte o socialista.

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego