Gonzalo Caballero valora a situación política en Cataluña e o papel das e dos socialistas. O novo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE apostou por novos espazos de diálogo para establecer unha reforma constitucional para procurar un “modelo no que todo o mundo poida estar acorde”.
“Galicia ten que estar no pelotón de saída”
Adianto dunha entrevista con Gonzalo Caballero
“Non será sinxelo saber que pasará no futuro” afirma o político pero recoñece un “bo traballo” do PSC.
Ademais, Caballero advirte que Galicia non pode ficar atrás, referíndose ao nivel de autogoberno, nun hipotético proceso de reforma constitucional.