Home Programas Espazo Aberto Gonzalo Caballero aposta pola internalización das universidades galegas

Gonzalo Caballero aposta pola internalización das universidades galegas

0
Gonzalo Caballero aposta pola internalización das universidades galegas

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este venres unha xuntanza co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, dentro da rolda de contactos que está mantendo cos distintos representantes institucionais e que xa o levou a reunirse tamén cos máximos representantes das universidades da Coruña e Vigo, Julio Abalde e Manuel Reigosa, respectivamente.

Caballero insta á Xunta a defender un sistema universitario “que chegue a toda a cidadanía”, e defende a “internalización” da UVigo, a USC e a UDC para atraer “talentos” foráneos.

Ao termo do encontro, no que tamén participou o voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, Gonzalo Caballero sinalou aos xornalistas “a preocupación e o interese dos socialistas galegos pola universidade pública”, que ten que ser “unha oportunidade de futuro para unha sociedade que quere prosperar, que quere maior igualdade e maior benestar para o seu país”.