Valentín González Formoso, presidente da Deputación e secretario provincial do PSOE da Coruña, compareceu na sede do partido acompañado por José Manuel Lage Tuñas, Bernardo Fernández e Manuel Mirás para facer unha valoración dos resultados destas pasadas eleccións municipais.
O lider socialista coruñes comezou por enumerar os adiantos do PSOE na provincia, facendo fincapé en que a clave estivo nas cidades. González Formoso tamén opinou sobre posibles pactos en toda a provincia e salientou, a título persoal, o carácter positivo da experiencia co BNG. En todo caso insistiu que non se pecharán a outras forzas políticas que estean por un cambio progresista nos municipios da provincia.