O líder provincial do PSdeG-PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou en Melide nunha charla-coloquio sobre ‘Economía e emprego no futuro de Melide’ xunto ao candidato socialista á alcaldía, José Antonio Prado. Alí, Formoso sostivo que José Prado “será o alcalde do cambio en Melide” e referiuse á visita que fixo esta mesma semana o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, ó mesmo concello.

“Feijoo volveu a Melide a prometer de novo o que non cumpriu en anos”, afirmou González Formoso, que censurou a “parálise” dun goberno municipal “que non sabe aproveitar o enorme potencial de Melide, a súa estratéxica situación xeográfica, a súa posición clave no Camiño de Santiago”.

Neste sentido, afirmou que Melide “non pode permitirse o luxo de non ter solo industrial, nin pode estar no vagón de cola dos indicadores económicos. Precisamos un Melide dinámico, vivo, que cree emprego, traia empresas e conte con máis e mellores servizos e infraestruturas”.

 

- Publicidade -