Con dezasete votos a favor, o socialista Valentín González Formoso volve proclamarse presidente da Deputación da Coruña no que será un goberno de coalición co BNG tras chegar a un pacto que colocará ao nacionalista Xosé Regueira na vicepresidencia do ente provincial.

- Publicidade -

No seu discurso, Formoso apelou á “inmensa responsabilidade de seguir gobernando unha provincia que é o motor social, cultural e económico de Galicia”. Neste sentido, non quixo perder a ocasión para adiantar unha serie de anuncios ós e ás 53.400 coruñesas. González Formoso sitúa como prioridade o despoboamento polo que porá en marcha unha Axenda Rural Provincial que busque “apoiar a mellora do nivel de vida, a creación de emprego e a fixación de poboación no rural coruñés”.

O socialista tamén anunciou a concesión de 4 millóns de euros dos fondos FEDER que, entre outas cousas, servirá para construír a primeira Vía Verde, uns 37 quilómetros que unirán Compostela e Cerceda. A maiores, continuará apostando polo Plan Único do que destaca o “protagonismo e autonomía” dos concellos e co que agarda abrir camiños “cara o futuro”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego