Antón Gómez-Reino, de Galicia en Común, denuncia que a empresa sanitaria HM busque reducir o seu persoal en plena crise sanitaria e, ademais, por cauces que incumprirían a legalidade como é forzar que as traballadoras collan vacacións. Neste sentido, esíxelle ao presidente da Xunta que impida que se reduza o persoal sanitario nos hospitais privados que manteñen convenios co Servizo Galego de Saúde.

- Publicidade -

“A Xunta non pode permitir que, despois de anos de privatizacións dos servicios sanitarios, quen están a facer negocio coa sanidade reduzan persoal xusto no momento en que se precisan que todos os medios humanos e técnicos estean a disposición da loita contra o Covid-19”, dixo Gómez-Reino. HM xestiona en Galicia cinco centros privados: dous en A Coruña (HM Belén e HM Modelo), dous en Compostela (HM A Esperanza e HM A Rosaleda), e un en Vigo (HM O Castro) que suman 310 camas, segundo a Asociación de Hospitales de Galicia.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego