As diferenzas entre as dúas candidaturas a dirixir a formación morada en Galicia cada vez son máis grandes. Antón Gómez-Reino, candidato a secretario xeral de Podemos Galicia, respondeu hoxe ás declaracións de Carolina Bescansa recollidas por Sermos Galiza nas que aseguraba que “temos que decidir se queremos resignarnos a seguir vendendo leite; ou se apostamos por elaborar produtos que podan competir por calidade mais alá dás nosas fronteiras”.
Non valen respostas do pasado para problemas do presente
Para Gómez-Reino “non valen respostas do pasado para problemas do presente” asegurando que as declaración da súa contrincante lembran afirmacións doutras épocas.
Levo 38 anos vivindo no país e dende os vinte anos participando nos movementos sociais
O deputado reivindica tamén o seu traballo en Galicia en resposta ás declaracións a Nós Televisión de Carmen Santos. O candidato estivo estes días visitando varias localidades galegas e recolleu opinións de varios círculos que, ao seu entender, padecen “abandono” por parte da actual dirección de Podemos Galicia.
Preguntado pola súa proposta de futuro para Podemos Galicia o actual voceiro de En Marea no Congreso sinala que a súa candidatura aposta por unha formación “con poder de horizonte” que é “heteroxenea, de diferentes territorios do pais e que quere cambiar a Galicia 180 graos”.