O portavoz socialista no Concello de Santiago, Paco Reyes, afirmou hoxe en rolda de prensa que o seu partido presentará ao goberno municipal unha proposta para que, na futura remunicipalización do servizo da ORA e o guindastre, vaia contemplada a eliminación do pagamento por deixar o vehículo na coñecida como zona azul. Na mesma comparecencia dixo que o debate no Pleno sería “para crear unha comisión”
Esta proposta foi rexeitada hoxe mesmo, tamén nunha rolda de prensa, polo propio alcalde de Santiago, Martiño Noriega