Home Programas Área Compostela O goberno local aproba iniciar a mellora da instalación de alumeado público dos accesos a Santiago

O goberno local aproba iniciar a mellora da instalación de alumeado público dos accesos a Santiago

0
O goberno local aproba iniciar a mellora da instalación de alumeado público dos accesos a Santiago

A Xunta de Goberno do concello de Santiago aprobou hoxe iniciar a I Fase de mellora da instalación do alumeado público dos accesos á cidade. Explicouno en rolda de prensa o propio alcalde, Martiño Noriega.

Outros asuntos

Na mesma comparecencia diante dos medios de comunicación Noriega explicou que o executivo aprobou varios convenios, entre eles o que permitirá restaurar o itinerario fluvial do Sarela e outros relacionados con clubes deportivos da cidade.

Ademais aprobouse a segunda fase da mellora da seguridade viaria na rúa Cañoteira, cun orzamento de licitación de 194.177,68 euros, e a adxudicación do contrato de ampliación do vieiro Cañoteira-Outeiro de Marrozos á empresa Francisco Gómez y Cia, por un importe de 204.601,68 euros.