A Deputación de Pontevedra está decidida a apoiar a loita contra o desemprego. A Xunta de Goberno desta institución vén de aprobar a primeira relación de concellos que se va beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2018.

- Publicidade -

Municipios

Serán os municipios de Vila de Cruces, Cuntis, Mondariz-Balneario, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa os primeiros en recibir estes recursos. Este ano o goberno que preside Carmela Silva dotou a liña 3 do Plan Concellos con 9.540.000 euros, é dicir, un 2,5 % máis que no 2017. Coas achegas aprobadas agora está distribuída o 13,54 % da liña 3.

Creación de 135 postos de traballo

O goberno que preside Carmela Silva aprobou destinar a estes nove concellos 1.292.184,22 euros para a contratación de 135 persoas para desempeñar diferentes tarefas nas dependencias municipais.

 

Na comarca do Deza está Vila de Cruces no que a Deputación de Pontevedra aprobou destinar 140.497,40 euros para a contratación de 10 persoas para desempeñar tarefas relacionadas coa albanelería e obras, forestais e xardinería, administración e conserxería. Outras achegas son para o concello de Mondariz-Balneario, con 56.143,56 euros que servirán para contratar a 12 persoas que desenvolverán tarefas de construción e forestais. Pola súa banda, o concello de Oia recibirá 99.899,44 euros para a contratación de 9 persoas para a recollida do lixo, manexo de maquinaria forestal e retroescavadora, así como para tarefas de albanelería e forestais. Cuntis, con 122.623,27 euros, vai contratar a 12 persoas para tarefas relacionadas co asfaltado, condución de retroescavadora, enxeñería técnica agrónoma, protección civil, albanelería e turismo.

O Rosal recibirá da Deputación 127.360,83 euros para a contratación de 15 persoas para a realización de obras para a revalorización de espazos públicos, para actuacións en materia de electricidade, limpeza e recollida do lixo, tarefas forestais e axuda no fogar. En canto a Salceda de Caselas, as achegas da institución provincial son de 146.997 euros para a contratación de 9 persoas que desenvolverán tarefas de recollida do lixo, orientación laboral, albanelería, limpeza, animación sociocultural e administración.

Pola súa banda, o concello de Salvaterra de Miño, con 165.010,80 euros, poderá contratar a 22 persoas para traballar na recollida do lixo e limpeza, información turística, fontanería, animación sociocultural, condución, cobro, construción e albanelería, así como para a práctica deportiva. Vilaboa, pola súa parte, recibirá 114.382,21 euros para contratar a 10 persoas para desenvolver tarefas forestais, de obras públicas e albanelería, condución e carpintería, pintura e limpeza. Ademais, a Deputación de Pontevedra tamén destinará 319.269,71 euros para o concello de Vilagarcía de Arousa para a contratación de 36 persoas para desenvolver tarefas de administración, animación deportiva, albanelería, forestais, pintura, instalacións eléctricas, carpintería, fontanería, soldadura, conservación de parques urbanos e xardíns, sepultura e axuda no mantemento de instalacións deportivas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego