A Xunta de Goberno de Compostela acordou este venres a aprobación definitiva dos orzamentos de 2018, ao tempo que desestimou as alegacións presentadas ao proxecto. O seguinte paso será que o Pleno municipal ratifique as contas nas vindeiras datas, antes da súa entrada en vigor.
Así e todo, o grupo de Goberno instou a Facenda a incluír o proxecto para a rehabilitación enerxética dos edificios municipais no plan de axudas europeas EDUSI, que vén de incorporar as obras de Castrón Douro. O proxecto está orzado en máis de medio millón de euros, dos cales 416.000 procederían da Unión Europea.