Mentres que a formación de gobernos entre diferentes forzas políticas é habitual no conxunto de Europa, o PP adoita descalificar estas situación ao consideralas como “pacto de perdedores” ao tempo que as rexeita por seren gobernos “desunidos”. Existe un caso concreto no noso país, Lalín, cuxo goberno municipal está formado por ata catro formacións políticas: Compromiso por Galicia, PSdeG-PSOE, APAC e o BNG.
Satisfacción da coalición de goberno polo “bo funcionamento” de Lalín
Somos un goberno de integración
Os dous primeiros anos de lexislatura deixan unha sensación positiva no grupo de goberno de Lalín. A coalición composta por Compromiso por Galicia, PSdeG, BNG e a Plataforma Aberta Cidadá converteuse no “motor do cambio” da localidade após dous anos de políticas baseadas na socialdemocracia e o galeguismo. Malia os “aspectos negativos” de dirixir un concello por mediación de catro forzas políticas, a valoración dos seus integrantes é “moi positiva” grazas á “empatía persoal” que existe no grupo.
https://youtu.be/hcBEDhkYHaQ
O “bo funcionamento” desta coalición política invita a pensar que podería volverse producir tralos comicios do ano 2019, mais, polo de agora, os integrantes do grupo de goberno evitan pronunciarse e prefiren centrar os seus esforzos en “traballar para Lalín” no que resta de lexislatura.