Gañamos! Salvamos Catasós

Reportaxe de Nós Televisión sobre a loita social nas Fragas de Catasós

Salvamos Catasós. A loita de toda unha parroquia para conservar unha paraxe excepcional converteuse co tempo na loita de todo un municipio.

A instalación dunha liña de alta tensión de Unión Fenosa ameazaba con destrozar Catasós. A creación da Plataforma Salvemos Catasós afianzou a defensa da Fraga de Casas Vellas e a de Quiroga.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Contra o xigante Fenosa

Unha recente sentenza xudicial dálle a razón ao Concello de Lalín e deixou en evidencia a inxustiza do proxecto de Fenosa.

Visitamos a zona e conversamos coas e cos protagonistas desta loita social. Veciñas e veciños sempre tiveron moi clara a importancia deste espazo único e o valor da súa conservación.

A intervención do Concello de Lalín, cun novo goberno desde as anteriores eleccións, foi crucial para levar o problema aos tribunais de xustiza.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -