Home Programas Espazo Aberto ‘Galiza, un futuro sen carbón’ lembra no Día da Terra os riscos medioambientais das centrais das Pontes e Meirama

‘Galiza, un futuro sen carbón’ lembra no Día da Terra os riscos medioambientais das centrais das Pontes e Meirama

0
‘Galiza, un futuro sen carbón’ lembra no Día da Terra os riscos medioambientais das centrais das Pontes e Meirama

A plataforma ‘Galiza, un futuro sen carbón’ lanza no Día da Terra o informe ‘O prezo do carbón‘ no que advirte dos custos sociais e medioambientais das centrais de carbón das Pontes (Endesa) e Meirama (Naturgy). No documento, destacan que Galiza podería abandonar axiña o carbón sen pór en risco a súa subminsitración eléctrica e achegan tres razóns: a potencia eléctrica renovábel xa instalada, a dispoñibilidade de dúas “infrautilizadas” centrais de ciclo combinado a gas natural e o excedente eléctrico que, nos últimos cinco anos, foi igual á produción das centrais de carbón.

Ademais, destacan que as emisións anuais de CO2 e outros gases causantes do cambio climático ascenden en Galicia a 10,30 toneladas, sendo superiores á media española (6,99) e da UE (8,4). O 33,3% proceden da xeración eléctrica con carbón. A maiores, as dúas térmicas de carbón galegas constitúen dous focos de contaminación atmosférica segundo salienta o informe.

Con isto, a plataforma ‘Galiza, un futuro sen carbón’ pide á Xunta e ao Goberno estatal que garantan o peche da central de carbón das Pontes en 2025 e a chegada a acordos cos axentes sociais para establecer un Convenio de Transición Xusta, unha figura prevista no Marco Estratéxico estatal de Enerxía e Clima.