Home Programas Espazo Aberto Galiza rexistra 270 ingresos e 19 altas de pacientes con COVID-19

Galiza rexistra 270 ingresos e 19 altas de pacientes con COVID-19

0
Galiza rexistra 270 ingresos e 19 altas de pacientes con COVID-19

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, nestes momentos, con datos actualizados na mañá deste luns, existen 270 persoas con coronavirus hospitalizadas das que 46 permanecen na UCI. A maioría das persoas con coronavirus continúa sendo o grupo que permanece nos seus domicilios: 854 persoas. Xuntándoas a todas o número de persoas con coronavirus en Galiza é de 1.170, deles 298 son da área da Coruña, 62 da de Lugo, 142 da de Ourense, 164 da de Pontevedra, 278 da área de Vigo, 189 da de Santiago, e 37 da de Ferrol. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 19 falecementos.