Home Programas Espazo Aberto Galiza rende homenaxe a José Afonso

Galiza rende homenaxe a José Afonso

0
Galiza rende homenaxe a José Afonso

Contan as xentes do lugar que José Afonso —Zeca— estreou en Compostela, nun concerto multitudinario celebrado en 1972, o Grândola, Vila Morena, símbolo da revolución portuguesa que tería lugar dous anos despois.

O triángulo máxico: Galiza, Portugal e África

O popular músico estivo sempre moi vencellado a este país, que conformaba o denominado “triángulo máxico do Zeca”: África, Galiza e Portugal. “Estou farto de explicar que Galiza nom é Espanha”, asegurou en máis dunha ocasión. A Associação José Afonso —AJA— fundouse poucos meses após o pasamento do Zeca, en 1987. Agora, logo de trinta anos de actividade, nace o “núcleo Galiza” da AJA.

Galiza rende homenaxe a José Afonso

Nace o "núcleo Galiza" da Associação José Afonso

Publicada por Nós Televisión en Viernes, 26 de enero de 2018

Imaxe da presentación da AJA-Galiza

Galiza únese a AJA

A Associação conta con quince delegacións ao longo de Portugal, Bruxelas e, dende hoxe, Galiza. Cada unha delas actúa con autonomía partindo dos estatutos da entidade, cuxa principal proclama é a independencia económica. A AJA non obtén cartos procedentes do Estado nin doutros organismos públicos, senón que se financia a través das cotas das socias e socios e das exposicións que organiza para axudar a difundir a obra do Zeca. A súa andaina no país comezará cun amplo abano de actividades que se desenvolverán en Compostela nas vindeiras datas.

Galiza, a “segunda patria” do Zeca

“Talvez ninguém me entendesse como na Galiza”, expresou nunha ocasión o Zeca. O obxectivo do “núcleo Galiza” da AJA é pór en valor ese vencello para manter vivo o legado dunha das figuras máis emblemáticas do mundo lusófono.

Programa de actividades da AJA-Galiza