A concelleira de Igualdade, Marta Lois, xunto con outras e outros integrantes da Corporación, recibiu ás selección absolutas de fútbol sala feminino de Galiza e Cataluña. A edil explicou a importancia da visibilización deste deporte e polo tanto, do transcendentais que son estas iniciativas. Do mesmo xeito, a concelleira de Deportes, Noa Morales, resaltou a súa positividade cara o encontro.
#ElasTaménXogan
.@MLoisgonzalez: “As mulleres continúan invisibilizadas no deporte”https://t.co/q3gK6AqP2S @CompostelaTM #ElasTaménXogan pic.twitter.com/HgMmchOuuP
— Nós Televisión (@NosTelevision) 07 marzo 2017
Tamén falou hoxe @Noamsanchez sobre os atrancos das mulleres no deporte https://t.co/q3gK6AqP2S #ElasTaménXogan pic.twitter.com/juTrrdsr0g
— Nós Televisión (@NosTelevision) 07 marzo 2017
Para Rafael Louzán trátase dunha grande “oportunidade”
Rafael Louzán, Presidente da @futgal destaca a importancia do partido de fútbol sala feminino de hoxe #ElasTaménXogan pic.twitter.com/RrMIlg203S
— Nós Televisión (@NosTelevision) 07 marzo 2017
O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, fixo fincapé na “oportunidade” que debe dárselle ao fútbol sala feminino. Por outra banda, o presidente da Federación Catalana de Fútbol, Andreu Subies, indicou a “dificultade” do partido para Cataluña xa que, en palabras súas, a é unha “potencia”.
O encontro terá lugar esta tarde, ás 20.30 horas, no Polideportivo de Santa Isabel. Nel, desputarase o Trofeo Cenor–Camiño de Santiago. O obxectivo é a visibilización do deporte feminino. É por isto que, desde hai unhas semanas, vense promocionando o hashtag #ElasTaménXogan. As entradas teñen un prezo de cinco euros para as persoas adultos e de dous euros para as menores de 18 anos.