O Presidente da Fundación Galiza Sempre analiza hoxe a necesidade dun cambio no actual modelo enerxético do noso país e que non reporta ningún beneficio pese as sermos un produtor excedentario que exporta o 40% do que produce.
Segundo o PP, defender unha tarifa eléctrica galega é defender propostas independentistas
O PP anula a ILP impulsada pola CIG que promovía a Tarifa Eléctrica Galega
Malia ter acadadas 18.000 sinaturas e o apoio unánime de tódolos grupos políticos antes das eleccións do pasado ano, a ILP que promovía unha tarifa eléctrica galega non saiu adiante polo veto imposto polo PP.
A executiva de Núñez Feijóo califica a proposta de lei como “insolidaria” e “inconstitucional”, a pesares de existir tres informes xurídicos que indican o contrario, alén dun estudo da CIG que asegura que Galicia exporta o 40% da enerxía producida sen obter beneficio algún.