Continúan a artellarse os actos con motivo do Día da Patria 2018. A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, converterá a habitual homenaxe a Rosalía de Castro e Daniel Castelao no acto central do seu 30 aniversario. Este acto celebrarase o martes 24 de xullo ás 17.00 horas, no parque compostelán de Bonaval.
Concertos de Nao e SonDaRúa en Bonaval
Máis actividades
Non será o único evento para celebrar o Día de Galiza, senón que Galiza Nova conta cun amplo programa de actividades para a véspera da sinalada data. Haberá unha palestra con históricas dirixentes da organización coma Iria Aboi ou Ana Pontón, así como unha ruada pola independencia e concertos dos grupos Nao e SonDaRúa.
O propio día 25, a mocidade do Bloque participará na tradicional principal manifestación polo Día da Patria. A formación xa presentara a pasada semana a súa campaña a prol desta xornada. Baixo o lema “Sumar por Galiza”, o BNG convida a participar nunha mobilización que cumpre medio século neste 2018.