A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, presentou hoxe diante do Panteón dos Galegos Ilustres, a Homenaxe da Mocidade a Rosalía e Castelao, unha actividade que conta xa coa bagaxe de máis de 20 edicións que a precederon. O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, foi o encargado de explicar a programación desta edición.
Para nós é un orgullo recoller o legado de Rosalía e Castelao
.@Albertegz: “Para nós é un orgullo recoller co legado de Rosalía e Castelao” https://t.co/3SmajZzObT pic.twitter.com/buVEUTciKN
— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 de julio de 2017
Rosalía e Castelao siguen vixentes; agora máis ca nunca
Polo súa banda, a deputada do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento Galego e integrante da Dirección Nacional de Galiza Nova, Olalla Rodil, salientou que as problemáticas que protagonizan a obra de Rosalia de Castro e Castelao seguen vixentes na actualidade.
.@orodil: “Rosalía e Castelao siguen vixentes; agora máis ca nunca” https://t.co/3SmajZzObT pic.twitter.com/cFhyKo2gHt
— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 de julio de 2017
Unha ruada independentista
Ao remate da homenaxe que terá lugar o 24 de xullo, Galiza Nova realizará unha ruada para reivindicar a independencia de Galiza e unhas condicións de vida dignas para a mocidade galega polas rúas do casco vello de Compostela. Esta mobilización sairá ás 19:15h do Panteón dos Galegos Ilustres e rematará na Alameda de Compostela.