A presidenta da Asemblea Lexislativa da Rexión Autonóma das Illas dos Azores, Ana Luísa Pereira Luís, visitou esta mañá o Pazo de Raxoi acompañada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, representantes municipais e tamén da Asemblea dos Azores.
Santiago é un dos lugares do mundo que aínda transmite paz
No Salón rexio foi recibida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e por varios membros da crporación municipal.
Noriega lembrou o vínculo lingüístico entre o galego e o portugués
Logo de asinar no libro de honra, Noriega salientou as relacións entre ambos pobos que comparten elementos importantes como son lingua e o mesmo mar. Polo seu lado Ana Luís afirmou sentirse leda nunha cidade “que respira paz” e nun país que mantén lazos históricos co seu.
Ana Luís é a primeira muller presidenta da Asemblea dos Azores, un órgano que celebra este ano o seu cuarenta aniversario.