Home Programas Área Compostela Galicia súmase ao loito polo falecemento de Xabier P. DoCampo

Galicia súmase ao loito polo falecemento de Xabier P. DoCampo

0
Galicia súmase ao loito polo falecemento de Xabier P. DoCampo

Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946) faleceu durante esta madrugada na Coruña logo de dous anos de intensa loita contra o cancro. Autor referente dunha obra narrativa de ficción que supera a trintena de títulos publicados. Unha figura fundamental para as nosas letras.

Un propagador da cultura, especialmente nos eidos da infancia e da xuventude

Galicia súmase hoxe ao loito polo falecemento dun dos escritores máis coñecidos e lidos da nosa literatura, sobre todo os títulos de literatura infantil e xuvenil. A gran literatura.

Se algo ten Xabier é que lle encantaba contar historias

Conversamos coa escritora Rosa Aneiros, integrante da Asociación de Escritores en Lingua Galega, sobre a importancia de Xabier P. DoCampo para a cultura galega.

Galicia chora pola perda de Xabier P. DoCampo

Galicia súmase hoxe ao loito polo falecemento dun dos escritores máis coñecidos e lidos da nosa literatura.

Publicada por Nós Televisión en Martes, 26 de junio de 2018

Varias xeracións galegas fican horfas tralo falecemento do mestre da literatura, Xabier P. Docampo. Mestre, contacontos, actor de teatro, especialista en animación á lectura, guionista e activista cultural e lingüístico. Docampo estreouse relativamente tarde na literatura, cando xa contaba os corenta anos. Dende aquel primeiro libro en 1986, veu logo unha prolífica carreira narrativa e algúns títulos que se converteron en referencias literarias (tamén alén das nosas fronteiras), como é o caso de Cando petan na porta pola noite.