Galicia súmase á folga do taxi

As e os taxistas non prestarán o servizo até o vindeiro mércores

A folga do sector do taxi comezada en Barcelona e estendida nas últimas datas a outras cidades do Estado chegou este luns a Galicia. As e os taxistas do país non prestarán o servizo nin hoxe nin mañá martes, como protesta polo conflito da concesión de licenzas VTC a empresas coma Uber ou Cabify. Jesús García, presidente de RadioTaxi Compostela, explica a Nós TV a situación que os levou a secundar o paro.

- Publicidade -

Durante a tarde de hoxe, os taxis composteláns sairán en caravana percorrendo as principais paradas de taxi da cidade e rematando no aeroporto Rosalía de Castro. Trátase, para un colectivo que se ve ameazado, dunha cuestión moi sinxela: “Necesitamos que o pan chegue ás nosas casas”, expón García.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego