
Após dúas semanas de incerteza, Núñez Feijóo anunciou este luns a súa decisión de ficar en Galicia e non competir pola presidencia do PP. Dende a oposición ven este xesto como un “fin de ciclo” do presidente da Xunta.
Neste senso, o BNG comparte a visión de En Marea. Ana Pontón acusa a Feijóo de elixir “Galiza por descarte”, xa que o mandatario galego non quería liderar a “travesía polo deserto” que afrontará, segundo ela, o Partido Popular.
Esta mañá, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou tamén o seu punto de vista sobre esta cuestión. Caballero cre que non é “convincente” que Feijóo fale de “compromiso con Galicia” logo de tres semanas pensando “no seu futuro político”.
Euforia no PP
“Hai Feijóo para rato”. Pola súa banda, Tellado fala de “compromiso con Galicia” trala decisión de Feijóo de non optar á Presidencia do PP ao tempo que di que a oposición está “desgustada” pola imposibilidade de gañar unhas eleccións ao PP de Feijóo.