Home Programas Área Compostela Galicia pola diversidade

Galicia pola diversidade

0
Galicia pola diversidade

Por motivo do Día Interacional das Persoas con Dicapacidade, hoxe celebrouse o acto “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade” en Santiago. Son 49 entidades sociais as que participan na iniciativa, e levaron a cabo o mesmo acto simultaneamente na Coruña, Vigo e Pontevedra.

É a primeira vez que esta iniciativa, que naceu fai dous anos na Coruña, chega a Compostela, e faino impulsada polas asociacións Aspamite, Asanaes, Down Compostela, Fegadace e Sarela. En representación, usuarios das cinco entidades leron o seu manifesto.

No acto central organizado na Praza do Obradoiro tamén participou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quixo parabenizar ás entidades “pola organización deste acto e por esta suma que multiplica”, para engadir a continuación que “vivimos nunha cidade inclusiva que se ten construído dende a diversidade”.

Simultaneamente, na Coruña, a Praza de María Pita acolleu este mediodía o seu acto central da campaña Baixo o mesmo paraugas. Foi unha concentración de persoas que portaban paraugas de cores e que tiña como obxectivo visibilizar a pluralidade dunha sociedade diversa, así como agradecer o traballo a todas as entidades deste ámbito. Alí, o concello da Coruña apostou pola accesibilidade universal ao espazo público e aos equipamentos municipais.

Pola súa banda, en Boiro, a conselleira de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, quixo defender o dereito das persoas con diversidade funcional e as súas familias cunha atención axeitada segundo as súas necesidades. Deste xeito, fíxoo durante a xornada que tivo lugar en Boiro para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, organizada pola Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica, Amicos. Neste sentido, Fabiola García destacou que o Goberno galego “estará sempre ao carón das persoas con distintas capacidades ofertando cada día máis prazas e máis recursos adaptados a eles as súas familias”.