O número de persoas paradas rexistradas nas oficinas dos servizos públicos de emprego, o antigo Inem, subiu en 2.447 persoas o pasado mes de xaneiro en Galicia en relación co mes anterior, o que supón un incremento do 1,48%. Con todo, esta cifra sitúase por baixo do rexistrado pola media española (+2,85%).

- Publicidade -

Por outra banda, a afiliación á Seguridade Social baixou en xaneiro en Galicia en 13.753 ocupados, un 1,35 % sobre decembro, e deixou o número total en 1.006.506, segundo os datos difundidos este martes polo Goberno.

Ante estas cifras, Comisións Obreiras lamenta que 2020 comece con malos datos para o emprego e insta a reverter os “aspectos máis lesivos” da reforma laboral. “Unha temporalidade do 90 % nos contratos rexistrados en xaneiro demostra os efectos nocivos da reforma laboral, que se traduce en precariedade”, afirma a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego