As habitantes de Galicia están xa por baixo dos 2,7 millóns de persoas ao perder 1.677 habitantes no primeiro semestre do 2019 segundo os datos provisionais publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística. En termos totais, o noso país contaba con 2.698.764 habitantes o 1 de xullo de 2019.
Esta perda de poboación en Galicia, do -0,06%, contrasta coa suba media no estado español de +0,35 por cento. Os datos galegos son os cuartos peores, só superados por Estremadura, -0,25%, Asturies, -0,22% e Castela e León, -0,20 por cento.
Con estes datos, a poboación prevista para Galicia no 2031 será de 2.489.946 persoas, o que supón unha perda de máis de 200.000 habitantes con respecto á cifra actual.