Despois de tres semanas para eles Santiago xa é case un fogar. Nestes cursos da RAG sobre a lingua e a cultura galegas preto de 70 alumnos de diversas nacionalidades coñeceron de primeira man a nosa cultura e as nosas costumes. Esta semana despídense de Galicia e por iso quixemos saber que destacan da súa estancia aquí.