Home Programas Espazo Aberto Galicia en Común: “Temos a oportunidade histórica de que Galicia esté no Goberno”

Galicia en Común: “Temos a oportunidade histórica de que Galicia esté no Goberno”

0
Galicia en Común: “Temos a oportunidade histórica de que Galicia esté no Goberno”

O deputados de Galicia en Común, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, presentaron este xoves as principais liñas de actuación para o arranque da nova lexislatura no Congreso. Fixeron fincapé nas “oportunidades históricas para o punto de vista do noso grupo”. Isto é, a conformación dun Goberno de coalición de esquerdas en xeral e, ademais, “a oportunidade histórica de que Galicia esté no Goberno”.

Os deputados resaltaron que a presenza de Galicia en Común foi a garantía de que Galicia estivera presente, e que foi trasladada mediante a Axenda Galega do Cambio, que traslada a voz da sociedade galega despois de numerosas xuntanzas por todo o país. A deputada Yolanda Díaz amosou tamén a solidariedade cos traballadores, e as familias afectadas de Alcoa en San Cibrao e avanzou conversas que mantiveron coa ministra de Industria.

Os deputados voltaron reivindicar á cidadanía de Verín que se está mobilizando de xeito exemplar por un dos pilares fundamentais do Estado do benestar, como é a sanidade pública.