A falta dun día para o arranque da campaña electoral, na noite deste xoves, as candidatas de Galicia en Común protagonizaron unha rolda de prensa para facer valer a formación ante os comicios estatais que se celebrarán este 10 de novembro. Yolanda Díaz, Vanessa Somoza, Antón Gómez-Reino e David Bruzos sinalaron que “as enquisas que están saíndo, aínda que somos precavidas, sitúan a Galicia en Común como o único capaz de rachar co bipartidismo no noso país”.

- Publicidade -

“Con quen vai gobernar cada quen?”, lanzaba a pregunta Yolanda Díaz. “Nós témolo claro. Desde en Común Unidas Podemos queremos un Goberno de esquerdas cun programa de esquerdas”.  Antón Gómez-Reino apuntou a “irresponsabilidade histórica de Sánchez” que, segundo el, causaron estas eleccións por negarse a negociar un Goberno de esquerdas. “Ante esta situación, pedimos unha mobilización tamén histórica para conseguir que o PSOE non remate pactando co PP”.

A candidata de Lugo, Vanessa Somoza, nomeou como tal á clase traballadora e instou a que “a súa voz sexa escoitada no Congreso, e desde Madrid poder mudar as políticas que son moi necesarias neste país”. Xunto ela, o candidato en Ourens, David Bruzos, insitiu na idea de que “o noso espazo consolídase como o único capaz de rachar co bipartidismo e levar ao Congreso as demandas da cidadanía de Ourense”.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego