Os deputados no Congreso, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, xunto o senador José Manuel Sande, presentaron este venres a iniciativa rexistrada no Congreso para solicitar a creación da Comisión de Investigación do Accidente do Alvia, dado que na pasada lexislatura non se remataron os traballos polo adianto electoral e disolución das Cortes. Dende Unidas Podemos agardan que tanto o PSOE como o PP non poñan trabas e permitan a volta da comisión que dependerá da posible repetición de eleccións o 10 de novembro.

- Publicidade -

A voceira de Galicia en Común no Congreso, Yolanda Díaz, destacou que “nos fixemos eco desta demanda da asociación de vítimas porque merecen facer xustiza despois de seis anos do accidente nos que non se aboordaron as responsabilidades do que aconteceu”. Ademais, Díaz lembrou que a asociación está instando de xeito reiterado a Sánchez para que, xunto aos colectivos da sociedade civil, sexan recibidos. “Ten que escoitalas e tomar unha decisión”, destacou.

Pola súa banda, Antón Gómez-Reino, membro da Comisión, resaltou que, a pesar de todos os atrancos, a pasada lexislatura, “púxose en marcha esta comisión e fíxose un traballo positivo”. Pero o deputado resaltou que, a pesar de todo ese traballo, a comisión non concluíu, polo que debe retomarse. Pola súa banda, Sande incidiu en que no Senado tamén se respaldarán as medidas que se podan tomar, non só no esclarecemento da verdade, senón “tamén na investigación das infraestruturas viarias vinculadas a Galicia, algo que é fundamental”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego