Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, Juan Carlos Monedero, Ángela Rodríguez e a eurodeputada M. Eugenia R. Palop protagonizaron o acto que desenvolveu Galicia en Común na Universidade de Vigo. No encontro, no que se xuntou alumnado e profesorado, escoitáronse palabras a favor da loita feminista. “O feminismo do 8M non é lobbista nin mercantilizante”, sostiña R.Palop, “é un feminismo que está coas mulleres”.

- Publicidade -

As alusións ás negociacións de goberno co socialista Pedro Sánchez foron cuantiosas. Por un lado, Juan Carlos Monedero criticou o escoramento de Sánchez cara a dereita xa que, segundo el, “o problema non é o PSOE, é Pedro Sánchez, porque Unidas Podemos co PSOE está a gobernar en seis comunidades autónomas. Con todo, Pedro Sánchez converteuse nunha marca e dálle igual o PSOE, España e a esquerda”. Mesma idea que lanzou Antón Gómez-Reino: “Moitos votantes do PSOE en abril decatáronse que un voto de esquerdas ao PSOE pode convertese nun de dereitas”. Neste sentido, Yolanda Díaz destacou que o PSOE non só non derogou a Lei Mordaza “senón que incorpora unha Lei Mordaza dixital” e denunciou a “forte” restrición de dereitos que atravesa a sociedade nestes momentos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego